NOVAS
O programa de lecer nocturno do concello de Pontevedra para aprender e divertirse de xeito saudable chega á súa 15ª edición e nós temos a sorte de colaborar por vez primeira. Poderedes atopar as nosas actividades cara ao final do calendario: unha será de cubo marrón, para aprender compostaxe e lombricompostaxe con miñocas (25 de abril), e outra de deseño dunha horta ecolóxica (2 de maio). Quedades convidados a vir! Consultade toda a programación aquí:
"O alcoubo de Zacande" é un novo proxecto emprendedor de agricultura ecolóxica entre Cesantes e Cotobade e dende Seiva estamos colaborando co deseño da horta, que incorporará principios permaculturais. Axiña haberá moito material que amosar do labor de Nacho e Luís.
Lagar de Ribela, empresa produtora de sidra ecolóxica galega, implicouse connosco nun proxecto para a dinamización da contorna en que se localiza: a parroquia homónima pertencente ao concello de A Estrada. O primeiro paso é a implantación de rutas medioambientais a través de bosques autóctonos, prados e o río Umia, dado que esas son as Seivarterias que identifican a comarca.